Suposto excluído da normativa que regula as relacións laborais, fundamentalmente porque non existe unha retribución por ese traballo, nin intención de que a haxa por parte de quen o presta.
O problema xurde cando hai unha acta dun funcionario público, un inspector de traballo, que refire o feito de que unha persoa estaba realizando algunha tarefa, con repercusión económica, a favor doutra.
Habitualmente non hai unha proba directa desta intención, polo que haberá de acudirse aos indicios para desacreditar a presunción de veracidade destas actas.
Datos que poden servir como indicio:
– A existencia dunha relación familiar, de veciñanza ou de amistade.
– A natureza esporádica do traballo que se executa.
– Non realizar o traballo dentro dunha estructura organizada e baixo as instruccións da persoa beneficiada (sen horarios fixos, sen uniforme…)
– Non recibir unha retribución.
En definitiva é unha cuestión de proba, para poder eludir unha sanción por non cumprir coa obriga de dar de alta a un traballador (de 3000 a 10.000 €) ou ter que verse privado dunha prestación que se viña disfrutando (desemprego, jubilación).
Hai que presentar alegacións contra a proposta que se reciba da Administración, e incluso pode chegar ao Xulgado.
Na Comunidade Valenciana, por exemplo, na súa normativa propia, xa recollen o costume de axuda mutua entre agricultores veciños, exclúeno do ámbito laboral e incluso o configuran como dereito-obriga de orde civil (dereito ao «tornallom»)
O problema xorde de confundir este tipo de situación de colaboración con feitos incluídos na «economía sumerxida», é dicir, relacións laborais que non se regularizan.