Durante a crise sanitaria, e dentro das medidas adoptadas para paliar as consecuencias para a economía, modificouse este procedimento de desafiuzamento. Coa modificación que entrou en vigor o pasado 23/12/2020, o alugueiro pode pedir unha suspensión extraordinaria do procedemento xudicial, e por tanto un retraso no desaloxo do inmoble, ata a finalización do estado de alarma, previsto neste momento para o día 09/05/2021.
Para xustificar esta suspensión, ou opoñerse a ela, haberán de terse en consideración as seguintes circunstancias especiais:
- A situación de vulnerabilidade económica do inquilino ha de vir provocada por estar en situación de desemprego, ERTE ou por circunstancias análogas derivadas da situación de crise sanitaria, polo que se lle causou unha importante pérdida de ingresos, non chegando no mes anterior a cubrir uns importes mínimos en relación ao IPREM ( https://anacaminoabogado.com/salario-minimo-interprofesional/ ). Este ingreso mínimo determinaráse tendo en conta a súa situación familiar, de discapacidade, enfermidade grave ou idade maior de 65 anos. Ademáis, a suma da renta do aluguer e dos gastos correntes da vivenda debe superar ao 35% dos ingresos netos da unidade familiar.
- A vulnerabilidade económica tamén poderá ser alegada polo arrendador, tanto na que se atope no momento presente como a que poida derivarse de retrasar a recuperación do inmoble, esta alegación terá como finalidade evitar a suspensión do procedemento.
O Xuiz haberá de ponderar ambas situacións personais para determinar a suspensión do procedemiento ou a súa continuación.
O prazo de suspensión poderá chegar ata o levantamento do estado de alarma ou ata o momento no que se poña a disposición do alugueiro unha solución habitacional para o momento de ser desaloxado, o que ocorra primeiro.
En todo caso, se desde a data do informe de servizos sociais, no que constata a existencia desa situación de vulnerabilidade económica, ata a execución das medidas de realoxo do alugueiro transcorren mais de 3 meses, o arrendador poderá pedir unha compensación á Administración Pública competente para a aplicación das reseñadas medidas.
Falamos polo miúdo deste asunto no programa A Tarde, da Radio Galega, emitido o 12 de xaneiro de 2021, podendo escoitar o momento do programa no seguinte enlace, a partires do minuto 40.
http://www.crtvg.es/rg/a-carta/a-tarde-a-tarde-do-dia-12-01-2021-4744792