Tras o terrible naufraxio dun pesqueiro galego en Terra Nova, Canadá, interveño no programa Galicia Noticias, da Televisión de Galicia, o 18/02/2022, para falar dos trámites que deben facerse para acadar a declaración de falecemento dos desaparecidos.
A declaración de falecemento resulta imprescindible para poder abrir a sucesión hereditaria da persoa desaparecida, así como solicitar e tramitar as axudas e prestacións que ofrece a Administración Pública para os familiares económicamente dependentes do traballador desaparacido.
Pódese acceder á miña colaboración nos seguintes enlaces
https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/galicia-noticias-5526494?t=739?t=774