Vén de publicarse nos medios unha sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que acorda a retirada da custodia compartida a un pai por delegar o seu exercicio cotiá aos avós do menor.
O que se deduce dos feitos da sentenza é que rexía a modalidade de custodia compartida, desde o ano 2016 ata o 2018, momento en que un Xulgado apreciou a modificación sustancial das circunstancias que fundamentaban o réxime de custodia compartida, polo que sustituíu a custodia compartida por unha custodia compartida a favor da nai.
A sentenza da Audiencia Provincial mantén esta última sentenza, considerando que o pai non exercía as obrigas inherentes á custodia en relación co fillo menor, e que a colaboración do avós no coidado dos fillos debe ser unha intervención puntual, que non pode chegar a sustituir ao proxenitor que ten a custodia atribuida.
Para maior información sobre o outorgamento e exercicio da custodia, prema nos seguintes enlaces.
https://anacamiñoabogado.com/custodia-compartida-una-realidad-cada-vez-mas-frecuente/
https://anacamiñoabogado.com/custodia-obligacion-o-derecho/
Falamos do tema nos servizos informativos da Televisión de Galicia, de 22/05/2019