A estrea da película francesa «Custodia compartida» e a tramitación dunha iniciativa lexislativa popular no Parlamento de Galicia reabre o debate social sobre a situación dos fillos despois dunha ruptura familiar.
En todo caso, o principio de protexer o dereito e benestar do menor debe dirixir todo procedemento de ruptura familiar, debendo os propios proxenitores ser os primeiro garantes do mesmo.
En outras entradas especifico diversos aspectos das separacións, divorcios e rupturas familiares que afectan aos fillos menores, desmentido falsas crenzas.
Abordamos este tema no programa da Radio Galega, Galicia por diante, 19/04/2018, no seguinte enlace a partir do minuto 40.